CRTVG

Buscar

III Encontro de intelixenica emocional da Universidade de Santiago de Compostela

Publicado o 07/04/2018 21:33

A intelixencia emocional é a capacidade para recoñecer sentimentos propios e alleos e a habilidade para manexalos. Axúdanos a mellorar a capacidade para responder ó que nos trae a vida. Dela falouse hoxe en Santiago. 

Os encontros organizounos a asociación de antigos alumnos da Universidade como unha oportunidade de tratar un tema que interesa a case todos.

Este é o obradoiro ao que asiste Benita. Impárteo Estefanía, médica dende hai quince anos, que ten o convencemento absoluto de que o que sentimos ten moito que ver coa nosa saúde.

Entre os asistentes hai profesionais de todo tipo, como unha mestra ou unha responsable de recursos humanos.

A linguaxe das emocións e a importancia de atender ao momento presente son outros dos temas que se trataron hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2018