CRTVG

Buscar

Igor o Ruso, culpable do asasinato dun gandeiro e dous gardas civís en Teruel

Publicado o 22/04/2021 17:05

• O fiscal pide prisión permanente revisable

Un xurado popular declara a Igor o ruso culpable de tres asasinatos: o dun gandeiro e dous gardas civís. Tamén o acusan de tres roubos con violencia, dous delitos de atentado e un de tenza de armas.

Os feitos ocorreron en Teruel en decembro de 2017. A primeira vítima foi un gandeiro que o sorprendeu roubando na súa propiedade. Alí, Igor colleu un coche e fuxíu. Os outros dous asasinados son dous gardas civís que o identificaron pouco despois.

O fiscal pide para el a prisión permanente revisable. O seu avogado pensa recorrer o veredicto.

 

Noticias web

22/04/2021