CRTVG

Buscar

Ignasi Miquel pasa o recoñecemento médico co Málaga

Publicado o 07/12/2017 11:26

E o Lugo perde unha peza clave da súa defensa. Ignasi Miquel despediuse esta mañá dos seus compañeiros e puxo rumbo a Andalucía.

Se supera o recoñecemento médico asinará co Málaga, club que vai pagar a cláusula de 350.000 euros do central catalán. Aos seus vintecinco anos chégalle a oportunidade de xogar na Primeira División, e o Málaga non terá que agardar a xaneiro pola lesión de longa duración de Juankar. É todo un contratempo para o Lugo, pero os de Francisco non están dispostos a que lles estrague unha gran temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017