Iglesias: "Un goberno de Sánchez e Rivera non apostará polo diálogo en Cataluña"
Publicado o 24/04/2019 21:15
En Común-Unidas Podemos celebra o seu acto central hoxe en Lugo. Nun mitin en que participou o secretario xeral do PCE, Enrique Santiago, avogaron por formar parte dun goberno que free a dereita. Fixeron tamén un chamamento aos indecisos.
Nun mitin esta tarde en Barcelona o candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, pediulles o voto aos que noutras eleccións se decantaron por os socialistas cataláns, por Esquerra ou pola CUP. Iglesias asegurou que a candidatura de En Comú Podem e Unidas Podemos garante que a vía para solucionar o conflito territorial en Cataluña sexa o diálogo e a negociación.