CRTVG

Buscar

Sánchez e Iglesias, con vontade de acordo

Publicado o 07/05/2019 20:37

Pablo Iglesias chegou á Moncloa coa proposta de goberno de coalición baixo do brazo. Agardábao un líder socialista para quen os 80 escanos de diferenza sobre Podemos son un argumento sólido para defender un executivo monocolor. 

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, dixo que "as posicións son coñecidas. Puxémonos de acordo en poñernos de acordo. Estes procesos son longos. Esta primeira reunión foi moi ben, son optimista respecto a como van ir as cousas, pero agora toca prudencia, discreción e tranquilidade"

Iglesias e Sánchez cren que os resultados do 28-A son unha mensaxe a favor do multipartidismo e da fin da política do insulto.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos asegura que "estamos de acordo en que hai que falar con todos os actores políticos e na necesidade de inaugurar unha nova época en España onde o diálogo substitúa a sobreactuación".

Adriana Lastra e Irene Montero negociarán a composición da Mesa do Congreso, primeiro exame da nova etapa de cooperación.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019