CRTVG

Buscar

Iglesias sitúa a Errejón fóra de Podemos e presentará candidatura en Madrid

Publicado o 18/01/2019 09:20

"Volvo sentir vergoña de que se fale de nós por manobras coma estas",  reprochou Pablo Iglesias, o Secretario Xeral de Podemos.

O acordo de Errejón con Carmena para concorrer na plataforma Más Madrid ás eleccións autonómicas non pode ser unha sorpresa, segundo do que era, ata agora, candidato oficial de Podemos ás autonómicas. Errejón defende que as súas posicións as mesmas de sempre.

Íñigo Errejón, candidato de Más Madrid á comunidade autónoma: "Un dos meus defectos é que son bastante previsible. Esta reflexión non só a falei con compañeiros en Podemos, esta reflexión escribina en artigos e faleino con Pablo Iglesias".

Pero o secretario xeral da formación morada fala dunha manobra que rompe as normas da organización e, nunha carta aos inscritos, afirma que Podemos presentará outra candidatura á Comunidade de Madrid.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Deséxolle sorte a Íñigo na construción do seu novo partido con Manuela, pero Podemos ten a folla de ruta que marcaron os inscritos e que se decidiu nas nosas asembleas cidadás".

Errejón insiste en que é o candidato. "Eu son o candidato de Podemos á comunidade de Madrid e non hai a menor contradición, ao mesmo tempo que se invita as forzas irmáns a camiñar da man con Manuel Carmena".

Carmena di que mira dende fóra as disensións internas dentro dos partidos integrados en Más Madrid, porque ela non pertence a ningún partido, e Monedero invita a Errejón a abandonar a formación. O secretario de Organización, Pablo Echenique, na súa conta de Twitter, interpreta a alianza con Carmena como unha decisión de Errejón de abandonar Podemos.

 

Noticias web

18/01/2019