CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias, disposto a "revisar a súa posición" ante a investidura do día 23

Publicado o 03/07/2019 18:11

Co reloxo da investidura xa en marcha, as posicións de PSOE e Podemos seguen afastadas. Pablo Iglesias pídelle a Perdo Sánchez que leve ao Congreso a proposta do goberno de coalición e se a Cámara a rexeita estaría disposto a renunciar a ela. O PSOE respóndelle que se deixe de estratexias.

Nunha tribuna en La Vanguardia, o líder de Podemos insta a Sánchez a levar ás Cortes no pleno de investidura o goberno de coalición. Se fracasa, comprométese a renunciar aos ministerios pero xa obrigaría a unha segunda votación tras o verán. O PSOE rexeita a proposta.

Sánchez manterá unha nova rolda de contactos para a investidura a semana próxima e avanza o PSOE que insistirá en pedir o apoio de Podemos pero tamén a abstención de PP e Ciudadanos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019