CRTVG

Buscar

Iglesias recoñece un "mal resultado" en Cataluña e di que o 2017 "non rematou ben"

Publicado o 13/01/2018 15:06

Podemos fai autocrítica sobre os resultados en Cataluña por boca do seu líder. Pablo Iglesias, que non se pronunciara tras as eleccións do 21-D,  asegurou que son uns "malos resultados" e que o 2017 "non rematou ben". Ademais, Iglesias dixo que non poden "agardar por un PSOE" que non está a favor da moción de censura contra Rajoy e fixou como obxectivo "gañar os comicios de 2020".

O Consello Cidadán de Podemos foi o marco elixido por Pablo Iglesias para a súa primeira aparición pública desde o 20 de decembro. Comezou recoñecendo o fracaso electoral  en Cataluña e asumindo que "non se fixeron ben as cousas", entre outros motivos porque non se entendeu a proposta dun referendo pactado.

Iglesias recoñeceu que a relación co PSOE pasa por "un dos peores momentos" e que a moción de censura contra Rajoy deixou de ser unha prioridade para Pedro Sánchez: "Aínda que nós esteamos dispostos a facer o que estea na nosa man para botar a Rajoy e estamos dispostos a facer a moción de censura, o partido socialista non quere. Polo tanto, non podemos esperar a un partidos socialista que, por desgraza, está facendo o mesmo que faría Susana Díaz".

O líder de Podemos asegurou que o Rei é o "principal  obstáculo" para un cambio político en España e apostou por mobilizacións sociais para recuperar espazo político na rúa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018