CRTVG

Buscar

Iglesias recoñece os malos resultados: "O meu cargo está á disposición dos inscritos"

Publicado o 27/05/2019 21:14

Podemos é un dos grandes derrotados desta xornada electoral. Pablo Iglesias, que onte non compareceu en público, dixo hoxe que os resultados son moi malos, pero que non pensa dimitir. Tamén mantén a intención de formar un goberno en coalición co PSOE.

Pablo Iglesias foi o único líder que non compareceu ante a prensa durante a noite electoral. No día despois recoñeceu que os resultados de Podemos son malos. Dixo que había que facer autocrítica, pero responsabilizou da situación a fragmentación da esquerda.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Sen panos quentes, os resultados son malos e experimentamos un retroceso con respecto ás eleccións xerais. Eu creo que todos imos ter que facer autocrítica, pero hai algo que lle fixo moito dano á xente de esquerdas en Madrid, a división".

O secretario xeral de Podemos descartou dimitir e insistiu en formar un goberno de coalición co PSOE.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Temos que ser conscientes do que pesamos e axudar a construír un Goberno de coalición que poida protexer a xustiza social e os dereitos sociais e no que poidamos estar na proporción modesta que nos corresponde".

Nos próximos días, Podemos convocará un consello cidadán estatal para analizar os resultados.

 









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019