CRTVG

Buscar

Iglesias quere que o Rei convenza a Sánchez da coalición

Publicado o 13/09/2019 18:58

Pablo Iglesias lamenta que Pedro Sánchez despachara en dous minutos a súa proposta dun goberno de coalición cun período de proba. Insta os socialistas a estudala e mesmo a sometela á opinión das súas bases antes de que Sánchez se entreviste co rei o martes. E mesmo daquela, o líder de Podemos pídelle a Filipe VI que o convenza. Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, cre que  "o Rei debería facerlles entender a todos os candidatos e, en paticular, ao que ten máis votos que a coalición é unha vía de dar estabilidade ao noso sistema parlamentario e que España non se debería permitir outra repetición electoral máis".

E sobre as especulacións dun apoio gratuíto a Sánchez, Iglesias despexa dúbidas: "nós absterémonos"
O Partido Socialista ve pouco seria a proposta de Sánchez. A voceira do Goberno en funcións era aínda máis contundente. Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, pide que "non caiamos en debater máis unha proposta que devén absurda e baleira de contido. É evidente que non existe a confianza mínima para constituír un goberno de coalición estable".

O martes é a data clave: o Rei recibirá a Iglesias a mediodía e a Sánchez, ás 6 da tarde. Só despois saberemos se hai repetición electoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019