CRTVG

Buscar

Iglesias presenta a UP como única garantía o 10-N

Publicado o 13/10/2019 14:33

Pablo Iglesias ve indicios de que se está preparando un goberno do PSOE co Partido Popular e Ciudadanos, e dixo que Unidas Podemos é a única garantía de que non se produza. Na presentación do seu programa electoral, Iglesias comprometeuse a crear o Sistema Nacional de Coidados, para atender á dependencia, e unha empresa pública de enerxía, para apostar polas renovables e por baixar o recibo da luz.

Segundo Iglesias, o gran desafío destas eleccións é dar resposta á desaceleración económica, polo que pediu un debate entre os responsables económicos dos partidos. O líder da formación morada asegurou que Ciudadanos, o PP e o PSOE coinciden nas súas receitas económicas.

Dixo Iglesias: "Onte o alcalde de Madrid dixo que imaxinaba perfectamente nun goberno, xuntos, a Pablo Casado e Pedro Sánchez. Claro que Ciudadanos, o Partido Popular e o PSOE están respondendo á pregunta de que facer fronte á desaceleración: o gobernaren xuntos... A única garantía para evitar que ese goberno, que ese entendemento que queren Patricia Botón, a CEOE e os grandes poderes oligárquicos deste país e as súas cloacas non se produza é que Unidas Podemos estea forte".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019