Iglesias pediralle a Sánchez un goberno de coalición
O líder de Podemos será recibido por Pedro Sánchez ás cinco na Moncloa. E xa adiantou como afronta esta reunión. Ofrécelle ao PSOE un goberno de coalición para garantir estabilidade, di, e a aplicación dun programa progresista. Recoñece que a iniciativa lle corresponde ao PSOE e que a súa posición pode ser modesta. E engade tamén que calquera decisión será consultada á militancia.
En definitiva, di, disposición ao diálogo co PSOE sen liñas vermellas, ultimatos nin arrogancia.
Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Ímolo facer conscientes de que todos deberemos ceder, de que todos deberemos escoitar. De que deberemos empatizar para construír unha nova etapa de entendemento e colaboración. Sen liñas vermellas, sen ultimatos, sen arrogancias, con claridade e coa verdade por diante".