CRTVG

Buscar

Iglesias pecha filas con Sánchez polo nomeamento de Dolores Delgado

Publicado o 15/01/2020 09:36

O vicepresidente Pablo Iglesias afirma que non é estético que a dereita critique o nomeamento de Dolores Delgado e lembrou o caso do ex-fiscal Anticorrupción Manuel Moix, nomeado polo PP e reprobado polo Congreso por inhibirse en casos de corrupción que afectaban ese partido. Iglesias dixo que Delgado merece unha oportunidade e pechou filas co presidente do Goberno, tamén en relación á reunión con Torra.

"En calquera caso, nós imos asumir a responsabilidade de todas as decisións do Goberno. O que non é estético é que o critique a dereita, que tratou de manipular a xustiza e os fiscais, insisto no caso do fiscal Anticorrupción que protexía a corrupción...Creo que a señora Delgado, como calquera funcionario, merece unha oportunidade", dixo.

Engadiu que o presidente do Goberno de España "ten que falar coa máxima autoridade da Generalitat. Pedimos, como partido político, a dimisión de Torra hai moito tempo, pero a inhabilitación é recorrible, e de feito foi recorrida. A partir de aí hai un elemento de responsabilidade institucional. O señor Torra é presidente porque os cataláns así o decidiron. A min, como vicepresidente do Goberno, que haxa tribunais europeos que quiten a razón á xustiza española paréceme que deixa en mal lugar a nosa xustiza".

Iglesias rematou afirmando que quedou demostrado que "a xudicialización dun conflito político non resolve o conflito".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020