CRTVG

Buscar

Iglesias participará na mesa de negociación con Cataluña

Publicado o 10/02/2020 15:00

O vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, confirmou a súa presenza na Mesa de Diálogo coa Generalitat, que se constituirá este mes e estará encabezada polo presidente do Goberno. Antes do anuncio oficial, no PSOE xa avanzaban que verían positiva a súa participación.

O Goberno non contempla a participación dun mediador nesa mesa de negociación. É algo que reclama Junts per Cat, pero Esquerra non o ve imprescindible.

Os republicanos separan ademais a mesa de diálogo da negociación dos presupostos e non descartan apoialos.

Noticias web

10/02/2020