Iglesias insiste no goberno de coalición con ministerios proporcionais
Unidas Podemos perde máis de medio millón de votos. Pasa de 42 deputados a 35, sete menos que nas pasadas eleccións xerais de abril.
Pablo Iglesias admite que lle gustaría un resultado mellor, pero malia a caída insiste en pedirlle xa un goberno de coalición ao PSOE porque, afirma, é unha necesidade histórica.
"Estamos dispostos a negociar desde xa mesmo un goberno de coalición en que cada forza política estea representada na proporción ao votos e apoios electorais recibidos".
Iglesias culpou a Pedro Sánchez do ascenso de Vox por preferir unha repetición electoal a gobernar con Podemos.
"Creo que non minto se digo que se dorme peor con máis de 50 deputados da extrema dereita que con ministros de Podemos no Goberno".
E lanzoulle tamén unha mensaxe ao seu ex-compañeiro de partido, Íñigo Errejón. Responsabilizou a Más País de fragmentar a esquerda.