Iglesias: "É fundamental mellorar as cotas pesqueiras para Galicia"
Publicado o 25/04/2019 15:45
Hoxe os candidatos galegos de En Común-Unidas Podemos recibiron a visita do líder nacional. Arestora participa nun mitin en Vigo.
Iglesias tamén visitou de madrugada a lonxa da Coruña, onde insistiu na necesidade de mellorar as negociacións das cotas pequeiras para apoiar un sector fundamental na xeración de emprego en Galicia. O líder de Unidas Podemos remarcou que esta lonxa é a máis importante de Europa en descarga de peixe fresco e lembrou na necesidade de entender que é puntal do noso país.