Iglesias e Errejón non aclaran se irán á reunión do Consello Cidadán de Podemos
Podemos reúne de urxencia o seu Consello Cidadán Estatal este mércores para afrontar unha das crises máis graves nos seus cinco anos de existencia.
"Agora Podemos precisa facer un proceso de reflexión interna", aseguraba a voceira adxunta de Unidos Podemos no Congreso.
Deben decidir que facer ante a decisión de Errejón de presentarse ás autonómicas na lista de Más Madrid despois de ser elixido polas bases de Podemos para ser candidato da formación morada. A dirección situou a Errejón fóra do partido pero non o expulsou. Segue formando parte do Consello Cidadán e non se sabe se acudirá á xuntanza.
"Ir ao máximo órgano de dirección cando decidiches ir ás eleccións con outro partido político creo que non é moi coherente", apuntou Ione Belarra.
Tamén se ignora se Pablo Iglesias interromperá a súa baixa paternal. Non se descarta que participe no Consello Cidadán Estatal aínda que sexa por teléfono.
"Non teño información ao respecto. Pero é que a baixa de Pablo hai que respectala", dixo Belarra
A dirección fai súa a chamada á conciliacion que lle pediron os líderes autonómicos de Podemos. Di será unha reunión para escoitar e lanzar unha mensaxe de unidade a todos os territorios e a militancia.