CRTVG

Buscar

Iglesias di que non van consentir que Sánchez minta sobre a lei do alugueiro

Publicado o 19/03/2021 19:17

Pablo Iglesias está convencido de que a reforma para regular os prezos dos alugueiros vai sair adiante. O vicepresidente segundo di que o PSOE non se pode permitir incumprir o acordo de coalición para atender os intereses das grandes inmobiliarias. Iglesias advertiu que "do que asinamos, non podemos consentir que se minta e se traizoe os cidadáns. Pedro Sánchez puxo a sinatura xunto comigo nun documento que dicía que hai que regular os alugueiros. As propias bases socialistas non van consentir que o presidente lles minta á cara".

Noticias web

19/03/2021