Iglesias "non se fía" de que Sánchez diga que non vai pactar co PP
Publicado o 01/11/2019 15:17
Membros da candidatura de En Común-Unidas Podemos estiveron na Coruña para falar de cultura como ferramenta do cambio. Acompañado polo activista político Marcelo Expósito, o candidato pola provincia da Coruña destacou a necesidade de facer efectivo o estatuto do artista. Aproveitou Gómez Reino para pedir a mobilización do electorado de esquerdas.
Pola súa parte, Pablo Iglesias asegura que "non se fía" de Pedro Sánchez despois de que prometese que non vai pactar co PP. O líder de Unidas Podemos está convencido de que hai un plan.