CRTVG

Buscar

Iglesias di que está convencido de que gobernarán co PSOE

Publicado o 13/05/2019 18:49

O líder de Podemos cre que gobernarán xunto co PSOE. Di que será tras un proceso longo de negociacións que aínda comezará despois das eleccións do 26.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Estou convencido de que imos gobernar xuntos. Pero ese punto de chegada vai implicar un proceso que vai ser longo, que se vai iniciar ademais despois das eleccións autonómicas, municipais e europeas".

Ao preguntarlle por estas declaracións, a vicepresidenta do Goberno en funcións evitou referirse a esa posibilidade dun goberno de coalición e di que no PSOE só están centrados na campaña electoral.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións: "Eu non estou convencida de nada. Do único que estou convencida é de que hai que traballar para que o PSOE teña unha nova vitoria electoral o día 26".

Dixo tamén que non van negociar con ningún partido a designación de Iceta para presidir o Senado porque están no seu dereito de elixir a quen queiran para ese posto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019