CRTVG

Buscar

Iglesias destitúe a Echenique como secretario de Organización de Podemos

Publicado o 05/06/2019 10:18

A decisión está tomada e vaise formalizar mañá xoves nunha reunión da Executiva de Podemos. Iglesias reordena o Consello de Coordinación e pon a Echenique fóra da Secretaría de Organización do partido. O ata agora número 3 segue na executiva para asumir unha tarefa que denominan secretario de Acción de Goberno, e encargado de negociar cos socialistas un executivo, explican, con equipos mixtos, con membros de PSOE e Unidas Podemos en varios ministerios.

"O que non se pode esquecer é que estamos nunhas negociacións moi importantes que lle poden cambiar a vida á xente e iso é o que nos ten que ocupar", explicou Noelia Vera.

A saída de Echenique chega nun momento en que parte da organización en Madrid e Andalucía cuestiona o propio liderado de Iglesias e é o primeiro movemento do secretario xeral tras os resultados do 28 de abril, en que Podemos perdeu un millóns de votos, e tras os 900.000 votos que continuaron restando o 26 de maio. O propio Echenique fixo a análise de que hai problemas cos liderados territoriais.

"Cando Pablo sae xogar ao campo temos bos resultados na liga, e cando non sae o ese resultado depende dos liderados territoriais, pois eses resultados non os podemos reeditar. Os resultados das autonómicas e municipais foron moi malos e desde o meu punto de vista o que iso nos ensina é que a nosa organizacón ten debilidade territorial", declarou o aínda secretario de Organización.

Esa "debilidade" será tamén o centro da análise do Consello Cidadán Estatal deste sábado, onde se podería decidir a constitución dunha xestora tras a dimisión en bloque dos candidatos da Mancha, seguindo o exemplo doutras xestoras constituídas xa en Madrid, Cantabria e A Rioxa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019