CRTVG

Buscar

Iglesias declarou ante o xuíz que o acoso dun veciño afectou as súas tarefas no Executivo

Publicado o 28/04/2021 16:07

Hoxe coñecemos a declaración ante o xuíz que fixo Pablo Iglesias pola denuncia que presentou por acoso contra un veciño. Foi en decembro, cando o líder de Podemos era vicepresidente do Goberno.

Entre outras cuestións, o instrutor preguntoulle se o acoso afectaba as súas funcións no Executivo e Iglesias contestou: "É inevitable cando tes a cabeza noutra cousa. Entendo que me vai no salario que haxa protestas no meu lugar de traballo, pero cando chegas á casa e atopas unha situación así, mentalmente estás noutra cousa e é moito máis difícil cumprir coas túas tarefas".