CRTVG

Buscar

Iglesias cre que é de sentido común ser ministro nun goberno de coalición

Publicado o 24/05/2019 14:58

Pedro Sánchez arrancará oficialmente as negociacións para formar goberno despois das eleccións deste domingo. Aínda así, o líder de Podemos di que xa abriron conversas co PSOE, e cre de sentido común que el mesmo sexa ministro, en caso de gobernaren en coalición.

Pablo Iglesias asegura que as conversas entre Podemos e o PSOE xa están abertas, aínda que reclama discreción. Di que non haberá vetos entre os dous partidos e dá por feito que será ministro, en caso de que cheguen a acordo para gobernar xuntos.

A voceira do Goberno en funcións cuestiona ese suposto "sentido común" e recorda que é competencia de Sánchez formar goberno.

Dende o Partido Popular critican as aspiracións de Pablo Iglesias de ser ministro no futuro goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019