CRTVG

Buscar

Iglesias corrixe a súa opinión sobre Venezuela e di que a situación é nefasta

Publicado o 13/12/2018 19:35

O secretario xeral de Podemos compareceu na comisión que investiga no Senado o financiamento dos partidos políticos

Pablo Iglesias defende no Senado a legalidade das contas de Podemos. Di que ningún Goberno estranxeiro e ningunha organización exterior financiou a Podemos. 

Foi nunha comparecencia densa en que o secretario xeral de Podemos recorreu constantemente á lectura de resolucións xudiciais. As preguntas sen resposta tensaron a comisión. Tanto que o senador do PP Luis Aznar chegou dicir que Iglesias "aburre ás cabras".

Despois de ver e escoitar algunhas das súas intervencións na Televisión de Venezuela en que loaba a figura de Chávez, Pablo Iglesias rectificou e dixo que a situación política e económica daquel país é nefasta.

O Partido Popular insiste na relación entre a fundación CEPS, os cartos de Venezuela e o financiamento de Podemos. Para Iglesias o financiamento do partido está axustado á lei.

Noticias web

13/12/2018