Iglesias constata que hai vontade para solucionar o conflito en Cataluña
Sobre o apoio de Esquerra os orzamentos e a mesa de negociación falaron esta mañá no Congreso.
Pablo Iglesias asegura que o Goberno de España ten vontade para solucionar o conflito.
"Tanto o Goberno do Estado coma da Generalitat están mostrando a vontade necesaria para canalizar por vías sensatas un conflito que fixo moito dano ao noso país e a Cataluña", asegurou Iglesias.
Os soberanistas din que están contentos porque se abríu o diálogo sobre todos os temas, incluída a autoderminación de Cataluña.
Tamén falou o PP desta mesa de negociación con Cataluña. O líder dos populares, Pablo Casado, entende que o Goberno se somete á vontade dos independentistas. Urxe a Sánchez a que compareza no Congreso e explique que negocia con Torra.
Pablo Casado, PP: "Pero se Pedro Sánchez pretende aceptar calquera esixencia independentista á marxe da Constitución e da lei, a cambio do apoio dos orzamentos, é dicir, a cambio da súa respiración asistida para sobrevivir no poder, que o propoña sen máis dilación ao conxunto do pobo español".
González e Aznar comparten a preocupación
Os ex-presidentes do Goberno Felipe González e José María Aznar reflexionan sobre a situación política española e comparten a súa preocupación pola mesa de diálogo Goberno de España-Generalitat de Cataluña.
Recoñecen que ningún deles o faría. José María Aznar advirte de que a bilateralidade entre o Goberno central e un autonómico colide coa idea da normalidade institucional e advirte das graves consecuencias desa mesa de diálogo sexa cal sexa o resultado da negociación.
González cualificou de performance o que aconteceu no Palacio da Moncloa. Mostrouse aberto ao diálogo, pero advertiu dos límites.
González propuxo que se castigue politicamente a deslealdade institucional, e aí tamén coincidiu con Aznar.
Os xestos da xuntanza
O despregamento de medios disposto na Moncloa era propio dun grande acontecemento. Cada detalle estivo medido ao extremo. Acompañou o tempo: baixo o sol de febreiro os membros do Goberno conduciron a delegación catalá ata o palacio.
Pedro Sánchez agardou por Quim Torra, o último en chegar, para repetir o paseo.
E para iso o Goberno apelaba a que cadaquén dese o mellor de si mesmo.
O segundo acto celebrouse na sala Tapies. Alí apreciamos mellor os lazos amarelos nas lapelas dos visitantes ou o caderno de Josep María Jové, imputado no procés xustamente polos numerosos indicios delitivos que a Garda Civil descubriu noutra libreta semellante atopada na súa casa. Sánchez e Torra sentaron fronte a fronte, no centro dunha mesa acristalada, longa e estreita. Ao fondo, unha ventá aberta para que correse o aire. As cámaras deixaron de gravar. E comezou o importante.
Tres horas despois, as dúas partes facían balance. Primeiro cun comunicado conxunto que acordaba reunirse de novo o mes que vén.
Torra compareceu na sala que o Goberno só adoita compartir con líderes internacionais. Apoiado polos seus, deixou claro o que fora negociar. Con escaso éxito.
E é que o Goberno non cre que a chamada senda do reencontro transite por eses temas.
Así que Sánchez e os seus puxeron sobre a mesa os asuntos dos que eles querían falar, co mesmo resultado.
O derradeiro detalle: un aceno ao gran ausente por enfermidade. O vicepresidente Pablo Iglesias, responsable da axenda 2030.