CRTVG

Buscar

Iglesias busca o apoio do bloque de investidura para uns presupostos que apreman

Publicado o 16/09/2020 15:15

O prazo legal para presentar o proxecto dos presupostos remata en quince días, polo que o Goberno apura as negociacións.

E faino a dúas bandas. Por un lado, o vicepresidente, que aposta por repetir os apoios do bloque de investidura, reuniuse con representantes de EH-Bildu. Antes Pablo Iglesias recibiu o voceiro de Esquerra Republicana de Cataluña. Esta tarde será Carmen Calvo a que negocie con Gabriel Rufián, pero dende o PSOE queren deixar aberta a vía do pacto con Ciudadanos. E Felipe González fala de ampliar esas maiorías.

Noticias web

16/09/2020