CRTVG

Buscar

Iglesias asegura que non vai permitir un Goberno Sánchez sen ministros do seu partido

Publicado o 24/06/2019 13:30

Pablo Iglesias non concibe quedar fóra do futuro Goberno, e advírtelle a Pedro Sánchez que a clave para lograr acordos é respectar o aliado.

PSOE e Unidas Podemos manteñen o pulo pola composición do futuro Executivo, clave nas negociacións para a investidura. José Luis Ábalos pide priorizar as políticas antes que os cargos, e Pablo Iglesias esixe respecto para os seus votantes. Coas conversas estancadas, o ex-presidente Felipe González amósase pesimista sobre a formación de Goberno.

Dende o PSOE respóndenlle que ter ministros non garante gobernabilidade, e piden atopar un punto de encontro entre as posicións. Ábalos cre que Sánchez irá en breve a unha investidura, da que hoxe falou tamén Felipe González.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019