CRTVG

Buscar

Iglesias asegura que haberá unha suba de impostos para as rendas máis altas

Publicado o 22/09/2020 14:57

O vicepresidente segundo revelou nunha entrevista que o borrador dos presupostos xerais se presentará axiña, e que incluirá, ademais, medidas para subirlles os impostos ás rendas máis altas.

"Dígolle que vai haber medidas de xustiza fiscal nestes Presupostos. Neste país segue habendo unha minoría que, nun contexto de crise, creo que é importante que se esforce un pouco máis. Aínda que non estamos no momento máis difícil no que respecta a ingresos, polas axudas que chegan de Europa, hai algúns avances en materia fiscal que se poden producir xa e que se van producir xa", asegurou Pablo Iglesias.

Contradí así o presidente do Goberno, que hai dous días aseguraba que non é agora o momento dunha reforma fiscal.

Noticias web

22/09/2020