CRTVG

Buscar

Iglesias asegura que Echenique vai seguir sendo crucial tras os cambios en Podemos

Publicado o 06/06/2019 21:09

Pablo Iglesias defende a substitución de Echenique na secretaría de Organización de Podemos, pero evita vinculalo expresamente cos malos resultados electorais da formación morada. Desde a dirección consideran que a reorganizacion na cúpula de Podemos aplaca as demandas internas de renovación.

Pablo Iglesias fala por primeira vez da substitución de Echenique como número tres de Podemos. Asegura que deberán debater en profundidade sobre as causas da perda de poder nas eleccións de maio. Non nega que Echenique estea pagando os pratos rotos do ocorrido, pero evita vincular expresamente a súa substitución cos malos resultados electorais.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Probablemente ser secretario de Organización en calquera formación política é asumir a responsabilidade máis dificil e máis gravosa... e que unha certa rotación é sensata e boa".

Íñigo Errejón non quixo valorar os últimos movementos dun partido ao que se sente sentimentalmente unido, pero do que se distanciou, di, polo repregamento da formación morada.

Iñigo Errejón, candidato de Más Madrid á presidencia da Comunidade: "Podemos valorou os seus resultados electorais, decidiu que había causas que corrixir e acordou cambiar o responsable de organización e poñer outra persoa".

O Consello Cidadán Estatal de Podemos do sábado permitirá coñecer o grao de descontento dos líderes autonómicos coa dirección. Esta confía en que a reorganización da cúpula, coa saída de Echenique e a entrada de Rodríguez aplaque as demandas internas de renovación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019