CRTVG

Buscar

Igea confirma que lle disputará a Arrimadas o liderado de Ciudadanos

Publicado o 25/02/2020 21:24

O vicepresidente de Castela e León, Francisco Igea, á fronte da corrente crítica de Ciudadanos, confirmou que rexistrará a súa candidatura mañá para competir nas primarias con Inés Arrimadas polo liderado da formación.

Despois de varios meses de amagar con presentar a súa candidatura, Igea decidiu finalmente dar o paso cun proxecto máis descentralizado e conseguir cambiar unha organización que, ao seu xuízo, "está destinada ao fracaso porque está destinada ao hiperliderado".

Igea fixo pública a súa candidatura nun acto en Madrid, na Casa de Vacas do Retiro, con seguidores da plataforma Ciudadanos Eres Tú, que el promoveu a principios de febreiro e ao que asistiron unhas 150 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020