CRTVG

Buscar

Ifema retoma a actividade despois dun ano como espazo de exposicións e congresos

Publicado o 22/03/2021 14:47

Nun dos momento máis complicados ao comezo da pandemia, Ifema convertíase nunha rápida transformación nun hospital de campaña para loitar contra o coronavirus. Un ano despois volve á actividade para o que foi deseñado.

O director xeral de Ifema lembra que hai un ano había 150 persoas ingresados, pero a volta das feiras é un momento para a esperanza.

Ifema vai empezando a facer cousas convivindo co virus. Nótase dende a entrada, control de temperatura a todos os visitantes. Máscaras, xeles, corredores máis anchos ou control de ocupación.

Cada vinte minutos renovase o aire de todo o pavillón, di Eduardo López Puertas, o director xeral de Ifema.

Dende o grupo Pescanova aseguran que todos os días teñen que facer test de antíxenos os traballadores do stand.

Dentro do esforzo por cumprir coas medidas sanitarias hai cousas que escapan. E que non cambian. Xornalistas en masa buscando protagonistas.

Noticias web

22/03/2021