Identifican unha proteína que regula o proceso de metástase do melanoma
O traballo coordinado por Marisol Soengas será a portada de xaneiro da prestixiosa revista Cancer Cell. É o resultado de oito anos de traballo. O melanoma é un tumor moi difícil de estudar porque acumula moitas mutacións. En todo este tempo analizaron todos os compoñentes celulares, dende o ADN ata as proteínas. Mesmo pola orde en que os investigadores denominan o caos do melanoma coa identificación da proteína p62.
Identificando o funcionamento desta proteína, os investigadores ven que ela soa é capaz de activar moitas outras que afectan moitos procesos que confiren a malignidade do tumor.
Este traballo tamén lles axuda a entender o que Soengas define como o código de barras do melanoma, por que é un tumor tan agresivo. Agora queda validar o traballo nun maior número de pacientes pero, sen dúbida, e así o di Marisol Soengas, estamos ante un gran primeiro paso.