CRTVG

Buscar

Identifican un veciño en Vigo que levaba un mes tirando o lixo pola xanela abaixo

Publicado o 28/04/2020 14:15

A Policía Local de Vigo logrou identificar por un tícket da compra un confinado que levaba máis dun mes tirando bolsas de lixo pola fiestra. Conduta incívica que os veciños denunciaron ante as forzas de seguridade, aínda que descoñecían quen era o autor dos feitos.

Este home, veciño do barrio de Navia, guindaba de madrugada os desperdicios dende un undécimo piso. Os axentes localizárono despois de atopar entre os residuos un tícket cos seus datos. Foi denunciado ante o departamento de Medio Ambiente.

Noticias web

28/04/2020