CRTVG

Buscar

Identifican un coruñés tras colgar un vídeo conducindo a 240 km/h na A-6

Publicado o 10/12/2020 21:18

Indentifican un condutor logo de gravarse e colgar o vídeo nas redes circulando moi por riba da velocidade permitida. Ía a 240 qilómetros por hora na A-6 ao seu paso por Begonte; un tramo perigoso, de elevada sinistralidade e con velocidade limitada a 120.

O home, veciño da Coruña e de 45 anos, está investigado por un delito contra a seguridade viaria e terá que comparecer nos próximos días nos xulgados. Podería ir ao cárcere e non poderá conducir vehículos a motor ou ciclomotores de un a catro anos.

Noticias web

10/12/2020