CRTVG

Buscar

Identifican o ladrón que roubou unha lagosta de 400 euros nun mercado de Vigo

Publicado o 29/01/2020 21:11

Curioso o caso que nos ocupa. A Policía Nacional de Vigo identificou o autor de dous roubos de marisco no mercado das Travesas. Un dos botíns estaba composto por case 10 quilos de centolas. Pero o outro, o primeiro deles, era unha lagosta de case 400 euros.

A quen non lle apetece unha lagosta? Iso si, mellor mercada legalmente ca roubada. Os feitos sucederon no mercado das Travesas. O ladrón fíxose primeiro cunha lagosta valorada nuns 400 euros.

Uns días despois achegouse de tarde ao acuario do mesmo posto e comezou a cargar 10 quilos de centolas. Daquela, outro praceiro pillouno coas mans na allada.

Pero un mercado con bo produto ten cámaras de seguridade, que delataron o ladrón, un vigués de 38 anos, cando se facía co valioso produto.

Como ten que ser unha lagosta para que custe 400 euros? Achegámonos ata un viveiro da Guarda para comprobalo, pero non a topamos exemplares xemelgos. Hainos bos, pero a mellor prezo.

Seguro que non era para comer, así que -unha vez localizado pola Policía Nacional- comprobouse que o individuo tiña 16 antecedentes por feitos similares a este e quedou a disposición do xulgado de garda.










 

Noticias web

29/01/2020