CRTVG

Buscar

Identifican o cadáver dun vigués en Cantabria despois de 25 anos

Publicado o 26/06/2019 21:19
Identifican o cadáver dun vigués en Cantabria despois de 25 anos

Os avances na ciencia permiten identificar un cadáver aparecido hai 25 anos nunha praia de Suances, en Cantabria. Trátase dun vigués que desapareceu en marzo de 1994.

A investigación puido completarse grazas aos avances nos estudos de ADN que permitiron identificar os restos dun cadáver desaparecido en marzo do 94 na praia da Tablía. Os indicadores de ADN coincidían coa nai e o irmán dun home de 25 anos cuxa desaparición foi denunciada e do que non se soubo nada ata agora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019