CRTVG

Buscar

Identifican catro furtivos con 20 quilos de ameixa en Vilaboa

Publicado o 09/10/2019 14:34

Nas praias de Vilaboa sorprenderon furtivos chegados mesmo de Ferrol. Pero os que colleron na allada a noite do 28 de setembro, preto de Rande, eran ben coñecidos. Catro individuos veciños de Poio que, ao parecer, teñen un longo historial en toda a redonda e son moi violentos.

"Estaban presentes os vixilantes da confraría mailas mariscadoras. Como os furtivos son moi problemáticos chamaron a Garda Civil e había unha patrulla moi preto que lles retirou a mercadoría, identificáronos e agora a denuncia segue o seu curso", di José González, secretario da confraría de Vilaboa.

Requisáronlles 20 quilos de ameixa xapónica, que foi devolta ao mar. Os vixilantes da confraría sospeitan que podían ter agochado nun monte próximo moito máis marisco.

"Á parte de facer o dano que fan as mariscadoras, tamén arruínan os bancos marisqueiros porque levan marisco de todos os tamaños. A quen lle compra, pediríalle que non o faga. Ás veces esta xente colle o marisco en zonas C e isto é un perigo para a saúde".

Di que a presenza destes furtivos na zona é constante, cada quince días ou cada mes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019