CRTVG

Buscar

Identifican 21 mozos sen máscaras que facían botellón en Cangas

Publicado o 16/09/2020 14:48

A Garda Civil tivo que disolver en Cangas unha concentración de mozos que facían botellón nunha praia. Ocorreu en Liméns. Os rapaces estaban incumprindo as medidas sanitarias, consumindo bebidas alcólicas sen manter as distancias nin utilizar máscara. En total foron identificados 21 dos mozos e denunciados outros catro por tenza e consumo de substancias estupefacientes.

A actuación levouse a cabo durante un servizo de seguridade cidadá.





 

Noticias web

16/09/2020