CRTVG

Buscar

Identificados máis de medio cento de mozos nunha festa ilegal en Biscaia

Publicado o 09/12/2020 15:53

A pesar da pandemia segue habendo festas ilegais por toda España. A última que pillaron os axentes foi en Biscaia.  

Os axentes souberon da quedada contra as 10 da noite, pero tiveron que agardar ata as 7 da mañá para poder identificar os participantes, xa que estes se negaban a saír do convento e os axentes non podían entrar por tratarse dunha propiedade privada.

Xuntáronse preto de 70 mozos para gozar da festa incumprindo as normas fronte á covid, entre elas o uso da máscara.

Desgraciadamente este caso non é illado. Os botellóns na rúa sen respectar as normas tamén se repiten. En Sevilla, decenas de mozos beben e mesmo cantan  sen máscara e alleos á pandemia. Condutas coma esta poñen en risco a saúde de todos.

Noticias web

09/12/2020