CRTVG

Buscar

Identificado o corpo da Ponte do Burgo, é un veciño de Cambre desaparecido o sábado

Publicado o 07/09/2020 08:00

Confírmase a identidade do cadáver que apareceu nas últimas horas na base dun dos piares da Ponte do Burgo, en Culleredo.

Efectivamente é un veciño do Temple, do concello de Cambre, desaparecido dende o sábado.
O corpo atopábase nunha zona de difícil acceso. Foi rescatado e posteriormente identificado. Ao lugar desprazáronse efectivos de Salvamento Marítimo, de Gardacostas, dos Bombeiros e da Garda Civil.

 

Noticias web

07/09/2020