Identificado o condutor da furgoneta accidentada no Vicedo
Publicado o 23/04/2019 19:18

A Garda Civil busca un veciño de Reus como o condutor da furgoneta que caeu por un cantil no Vicedo. Os axentes saben que o home estivo hospedado nunha pension da vila ata o Xoves Santo e todo apunta a que foi ese día cando tivo lugar o accidente.
O caso segue a ser todo un misterio. No interior do vehículo non se atoparon restos de sangue, polo que se descarta que o condutor caese coa furgoneta.