CRTVG

Buscar

Iceta pídelle a Torra que convoque eleccións antes de aprobar os orzamentos

Publicado o 29/01/2020 13:38

•  Ciudadanos pide a Sánchez o cesamento de Torra co 155 e que convoque eleccións

Iceta pídelle a Torra que convoque eleccións antes de aprobar os orzamentos

O líder do PSC, Miquel Iceta, esixiulle este mércores ao presidente da Generalitat, Quim Torra, que convoque eleccións "xa" antes de aprobar os orzamentos, porque facelo despois de dar o visto e prace ás contas para 2020 non ten, ao seu xuízo, "ningún sentido".

Iceta así o sinalou en Twitter despois de que Torra comparecese este mediodía para anunciar que pospón o adianto electoral ata despois de aprobar os orzamentos de 2020, dentro de aproximadamente dous ou tres meses.

Segundo o primeiro secretario do PSC, a lexislatura está "esgotada" e o xefe do Executivo catalán, "desautorizado", polo que instou a "convocar eleccións xa para ter goberno e orzamentos".

"Escoitado o presidente Torra, constatamos: 1. Temos un presidente desautorizado, 2. Temos un  Govern roto, 3. Temos unha lexislatura esgotada. Hai que convocar eleccións xa para ter goberno e ter orzamentos. Unha cousa sen a outra non ten ningún sentido", sinalou.

Ciudadanos pide a Sánchez o cesamento de Torra co 155 e que convoque eleccións

O presidente do grupo de Ciudadanos no Parlament, Carlos Carrizosa, pediu este mércores ao xefe do Goberno, Pedro Sánchez, que cese ao presidente da Generalitat, Quim Torra, a través do artigo 155 e convoque eleccións autonómicas.

En conferencia de prensa, Carrizosa lamentou que  Torra "siga tentándose aparafusarse e atrincheirarse aínda máis á súa anterior presidencia" tras o seu anuncio de que non convocará novos comicios ata que se aprobaron os orzamentos da Generalitat de 2020.

"Pedímoslle ao señor Torra que non faga anuncios coma se fose presidente", afirmou Carrizosa, tras insistir en que o president da Generalitat xa non é tal porque a xustiza retiroulle a acta de deputado como consecuencia da súa condena de inhabilitación por un delito de desobediencia.