CRTVG

Buscar

Iceta anuncia a conversión en fixos de 300.000 interinos antes de 2025

Publicado o 18/05/2021 09:08

O Goberno busca estabilizar 300.000 interinos das administracións públicas antes de 2025. Son traballadores que ocupan prazas temporais malia cumpriren funcións estruturais. E pasa, sobre todo, nas administracións autonómicas, en eidos como sanidade ou educación.

O Goberno vai reformar o Estatuto do Empregado Público para obrigar a cubrir as prazas fixas en tres anos, ou, do contrario, perderíanse. Así se recolle no documento que enviaron á Unión Europea para optar aos fondos europeos. O compromiso con Bruxelas é reducir a un 8 % a temporalidade de todas as administracións.

Noticias web

18/05/2021