CRTVG

Buscar

Ibrahima Ndiaye, declarado culpable por unanimidade por asasinar a Tatiana Vázquez

Publicado o 26/05/2018 11:39

Xa hai veredito no xuízo polo crime de Tatiana Vázquez, a moza de Lugo que aparecera acoitalada no interior do seu vehículo. Ibrahima Ndiaye, o único acusado por este crime, foi declarado culpable por unanimidade.

Este era o momento en que Ibrahima Ndiaye chegaba á Audiencia Provincial para escoitar a decisión do xurado, que xa ao mediodía tiña o seu veredicto.

Foi unha deliberación rápida e por unanimidade. O mozo senegalés, unico acusado polo crime de Tatiana Vázquez, era declarado culpable dos delitos de asasinato aleivoso con asañamento e maltrato habitual no ámbito familiar. Mantense a petición de máis de 27 anos de prisión.  A familia de Tatiana, moi emocionada, amosábase aliviada co veredicto. Din que no caso da súa filla fixose xustiza.
Á súa saída do edificio xudicial Ibrahima manifestaba que seguirá defendéndose. A defensa do acusado xa manifestou que van recorrer.

Foi unha xornada con anécdota, a un dos policías que custodiaba o acusado disparóuselle a arma cando a manipulaba para descargala. Un incidente que creou uns segundos de tensión antes da lectura do veredicto. Un susto sen máis consecuencias.

Noticias web

26/05/2018