CRTVG

Buscar

O Ibex perde máis dun 6% na apertura da bolsa en España e afúndense os mercados asiáticos como consecuencia do coronavirus

Publicado o 09/03/2020 10:06

Na bolsa española arrancou o Ibex 35 cunha caída superior ao 6% como consecuencia da crise producida polo coronavirus. Nas bolsas europeas a situación non é mellor. Londres está deixando arredor dun 8%, Frankfurt un 7%, París un 6% e Milán un 4%.

O temor á propagación do coronavirus  tamén afundiu de novo a bolsa de Toquio, que cae máis dun seis por cento. O afundimento do nikkei ten a súa orixe non só no coronavirus, senón tamén no derrubamento esta mañá dos prezos do petróleo de ata un 30%. A caída do prezo do cru é a maior que se recorda desde 1991.

Noticias web

09/03/2020