CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid cae un 3,31%

Publicado o 23/03/2020 18:05
A bolsa de Madrid cae un 3,31%

O IBEX 35 retrocedeu un 3,31% na sesión bolsista deste luns, ata situarse nos 6.230,2 puntos, nun contexto marcado pola freada económica debido á crise do coronavirus e tras a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de ampliar o estado de alarma outros quince días, ata o 11 de abril. Este luns o Comité Federal de Mercado Aberto  da Reserva Federal de Estados Unidos (Fed) decidiu emendar o seu plan de compra de activos ante os riscos económicos expostos polo coronavirus, polo que comprará activos sen límite durante tanto tempo como sexa necesario, segundo anunciou este luns.

Neste escenario de nerviosismo e volatilidade, o IBEX 35 aguantou a cota psicolóxica dos 6.200 enteiros, despois de caer a semana pasada un 2,81% a pesar das medidas adoptadas, tanto polo Executivo como polos bancos centrais e outras autoridades do ámbito financeiro contra o COVID-19.