Iberdrola e Navantia asinan en Fene un acordo por 400 de euros para a eólica mariña
Iberdrola e Navantia acaban de asinar en Fene un acordo por valor de 400 millóns de euros para ampliar a súa colaboración na industria da eólica mariña ata o 2025. A relación comezou hai sete anos entre Iberdrola e o consorcio Navantia-Windar para construír eólicos mariños. O estaleiro de Fene acollerá unha nova fábrica, aínda que o convenio por 400 millóns prevé colaboracións en varios proxectos en enerxías verdes. Iberdrola destaca o bo facer dos seus socios.
A nova fábrica do estaleiro de Fene será de monopiles, que son unha parte dos cimentos dos muíños, e comezará a funcionar o ano que vén. A ministra de Facenda e o presidente da Xunta destacaron a oportunidade que supón apostar por este sector. Feijóo defendeu ante María Jesús Montero que todas as administracións teñen que sumar esforzos para buscar solucións á situación industrial de Ferrolterra.