CRTVG

Buscar

Iberdrola estuda despedir uns 1.450 traballadores en España

Publicado o 11/10/2020 20:24

Iberdrola baralla despedir 1.450 traballadores en España.
En plena negociación do convenio colectivo, a dirección da eléctrica propuxo unha redución do quince por cento dos preto de 9.600 empregados que ten no conxunto do estado.
Ao parecer, a coorporación que preside Ignacio Sánchez Galán quere facer este axuste mediante saídas pactadas, polo que recorrería a xubilacións anticipadas. Un de cada tres traballadores ten máis de 51 anos.
Pretende tamén eliminar a redución da tarifa para os empregados, que teñen electriciade gratuíta.
Pola súa parte, os sindicatos reclaman subas salariais de entre 1,5 e o 3,7 por cento.




 

Noticias web

11/10/2020