CRTVG

Buscar

Iberdrola achegou 380 millóns de euros á economía galega en 2018

Publicado o 02/10/2019 15:14

O presidente da Xunta recibe neste momento en San Caetano o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán. Fontes da eléctrica sinalan que Galán está a ratificar o compromiso de Iberdrola co tecido industrial galego. A compañía adxudicoulle a Navantia-Fene recentemente 62 jackets para un parque eólico mariño en Francia. Hai cinco anos construíra en Navantia tamén as cimentacións doutro parque mariño en augas de Alemaña. Calculan que o impacto económico total da actividade de Iberdrola en Galicia ascendeu a 380 millóns de euros no ano 2018.

Noticias web

02/10/2019