Ian MacKay volve ao Deportivo: "É o meirande reto da miña carreira"
Publicado o 11/06/2021 20:52
Confírmase a fichaxe de Ian Mackay no Deportivo da Coruña. Asina por dúas tempadas, o porteiro retorna ao club en que se formou. Coruñés de pai escocés, entrou como cadete de segundo ano. Foi o gardameta do filial durante a temporada 2005-2006. Ao ano seguinte deixou o Deportivo. Agora, con 34 anos, volve despois de ser un referente no Sabadell. Di que afronta o meirande reto da súa carreira.